dolmen de Pedra Cuberta
Detalle de las pinturas
Descrición e Lenda
Situado na parroquia de Treos, Vimianzo, o dolmen de Pedra Cuberta é un dos monumentos megalíticos máis recoñecidos de Galicia. En 1933, o arqueólogo alemán Georg Leisner e a súa esposa Vera escavárono, a pesar de que fora danado por unha explosión 11 anos antes. Leisner descubriu os primeiros restos pictoricos do megalitismo do norte da península ibérica.
O dolmen, datado entre o 3950 e 3640 a.C., experimentou unha lamentable deterioración co paso do tempo, pero o seu valor pictórico mantense intacto.
Motivos Pictoricos
Pintáronse sobre unha primeira capa branca de caolín que serviu de base, regularizando a superficie interior das pedras. Posteriormente, aplicaronse os distintos deseños en pintura vermella e negra. Os pigmentos vermellos obtíñanse de arxilas ricas en óxidos de ferro, mentres que para a pintura negra empregabanse carbóns vexetais. Pasa asegurar a adhesión da pintura ás paredes, mesturábanse con auga e un alutinante. Análises microquímicos realizados polos Leisner revelaron que en Pedra Cuberta empregouse clara de ovo para esta finalidade.
Estado Actual
Tras a excavación realizada en setembro de 2023 a cargo do restaurador Fernando Carrera, as pinturas atópanse nun bo estado de conservación e espérase que nun futuro se realicen accións para impulsar a preservación do Dolmen.
Onde Visitalo: Lugar Pedra Cuberta, 15, 15126 Vimianzo, A Coruña



